O bispo da Diocese Tui-Vigo, Luís Quinteiro, visitou hoxe o concello de Tui para despedirse
O 20 de xullo posesión do cargo Antonio José Valín Valdés.
O bispo da diocese Tui -Vigo, Luís Quinteiro Fiúza visitou hoxe ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, como acto de despedida do rexedor, da cidade e do concello, nun sinxelo acto que tivo lugar na alcaldía tudense.
D. Luís Quinteiro presentou a súa renuncia diante do Papa Francisco o día 26 de xuño de 2022 aínda que continúa a fronte do bispado, coma administrador apostólico, ata o próximo día 20 de xullo, data na que tomará posesión do cargo Antonio José Valín Valdés. Na visita de hoxe asinou no libro de honra do concello e reuniuse con parte do equipo de goberno.
Luís Quinteiro foi nomeado bispo de Tui-Vigo polo papa Bieito XVI o 28 de xaneiro de 2010 tomando posesión o 24 de abril dese mesmo ano. Tanto o rexedor tudense, Enrique Cabaleiro, coma o bispo tiveron verbas de agradecemento e recoñecemento mutuo e sinalaron a boa relación persoal o longo dos anos nos que coincidiron no seu cargo.