Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

"O baul das palabras máxinas" coa ilustradora AnxelesFerrer mañá martes na Biblioteca Municipal

23/03/2009

"O BAUL DAS PALABRAS MÁXICAS" COA ILUSTRADORA ANXELES FERRER O VINDEIRO MARTES NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TUI

 

A Biblioteca Pública Municipal de Tui organiza para o vindeiro martes 24 de marzo, ás 17,30 horas, unha actividade conmemorativa do "Día Mundial da Poesía" dirixida aos usuarios dos primeiros cursos de Educación Primaria.

Trátase do obradoiro titulado "O baúl das palabras máxicas" a cargo da ilustradora Anxeles Ferrer. Natural de Ourense leva moitos anos resindindo en Tui e no Baixo Miño e, na actualidade, é unha das ilustradoras galegas máis acreditadas. Amáis ten sete libros dirixidos aos rapaces, logrando importantes recoñecementos: o seu libro "O señores meses" (2000) foi preseleccionado para a lista de honra do IBBY ou "O grilo Gastón" foi escollido pola Fundación Germán Sánchez Ruiperez entre os mellores do ano 2003-2004 ou no 2006-2007 o seu libro "Tres princesas namoradas".

Con esta actividade comeza o seu programa de animación á lectura a Biblioteca Municipal tudense que nos vindeiro días presentará a súa programación do "Mes das Letras", unha cita que abrangue os meses de abril e maio con diversas actividades dixiridas a todas as idades.

Esta actividade está organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Tui e forma parte do programa "Letras Vivas" que promove a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Conselllería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

 

 

Autosemblanza (ficha da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración)

 

Nacín en Valdeorras.(Ourense)
Estudiei Ciencias da educación.
Dende o 1993 traballo como ilustradora, campo no que me considero  autodidacta.

Escribin e ilustrei os seguintes libros:

-A aventura de Xanzolo (xerais, 1995)
-Os señores meses (xerais 2000, preseleccionado para a lista de honrra do IBBY)
-Ola, son a lua (Everest 2002, traducido ao portugues)
-O grilo Gaston (Everest, seleccionado entre os mellores do ano 2003-2004 pola Fundacion German Sanchez Ruiperez).
-A pequena árbore (Xerais 2005)
-Tres princesas namoradas(Galaxia 2006,seleccionado pola fundacion German Sanchez Ruiperez entre os mellores do ano 2006-2007).
-Aiko (Everest 2007).

E tamen ilustrei:

-A campá da lua (H.V.Janeiro)
-Que risa de rata(Ana Maria Fernandez)
-o quirico lambon(Bernardino Graña)
-Rosalía(H.V.Janeiro)
-Contos con sombreiro(Ana Maria Fernandez)
-Peter Pan nos xardins de Kesington(J.M.Barrie)
-A casa de carton(Concha Blanco)
-Carapuchiña vermella(Kalandraka)
-Contos fantasticos 2(Reigosa)
-Farrapos de nube(Xoan Neira)
-Lobez(Yañez Casal)

Outros:

Ilustradora invitada na revista Clij no 1996. nº 81
Ilustradora invitada na revista Fadamorgana no nº 10

Libros de texto para Xerais, edebe, santillana.

Exposicions:
-Galicia solidariedade (1997)
-As cores do vento
-Cores para a xente miuda
-Otros Pinochos españoles
-Rosalia ilustrada
-Vai de mar
-Feismo ilustrado
-Can de palleiro
-A fraga ilustrada

Os meus debuxos estiveron na feira de Bolonia nos anos 1997 e 2003.

Participei en numerosas ocasions en campañas de animacion a lectura en bibliotecas e colexios.