Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Alcalde rexeita o peche da liña ferroviaria Valença-Vigo que priva a Tui de conexión por tren

5/07/2011

 

O Alcalde rexeita o peche da liña ferroviaria Valença-Vigo que priva a Tui de conexión por tren

A solución ao déficit pasa por ofertar un servizo axeitado as necesidades dos potenciais usuarios, afirma Moisés Rodríguez Pérez

 

Martes, 5 de xullo de 2011. O Alcalde de Tui lamenta a decisión da empresa Comboios de Portugal de proceder ao peche da liña férrea que comunica Porto e Vigo deixando sen conexión ferroviarias ás cidade de Valença e Tui xunto no ano en que esta cumpre os 125 anos de servizo ininterrompido.

 

Moisés Rodríguez Pérez ten escrito nesta xornada ao Presidente do Conselho de Administración de Comboios de Portugal, ao Secretario de Estado das Obras Públicas, Transportes e Comunicacións de Portugal, o Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas da Xunta de Galicia e os Presidente de Renfe e o Ministro de Fomento para recadar unha reconsideración desta decisión.

 

Podo entender, sinala o Alcalde tudense e así o asinaba nas devanditas cartas, as razóns económicas que aducen relativas ao escaso número de usuarios deste servizo ferroviario, pero este escaso número está en relación coas moi deficientes condicións deste servizo, a súa excesiva duración temporal e os intempestivos horarios que non fornece un axeitado servizo ás máis de 5000 persoas que diariamente cruzan esta antiga fronteira.

 

Os tempos de crise son tamén tempos de oportunidades, tempos de renovación e de busca de alternativas e estou convencido que unha oferta que responda ás necesidades de mobilidade dos cidadáns de Valença e Tui, do Norte de Portugal e Sur de Galicia, ten futuro e posibilitaría avanzar na cohesións transfronteiriza, un obxectivo estratéxico irrenunciable.

 

A ampliación de horarios creando un auténtico servizo ferroviario de cercanias, a comunicación coas liñas de longa distancia de España a través da Estación de Guillarei... son alternativas que cómpre valorar.

 

O Alcalde tudense estuda co Presidente da Cámara Municipal de Valença as medidas a adoptar por ambos municipios para non verse privados desta liña ferroviaria, especialmente no momento en que os municipios de Galicia e Norte de Portugal estudan a creación de un servizo de transporte colectivo que intercomunique ambos territorios.