Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Alcalde e a Concelleira de Servizos Sociais reciben a dous nenos saharauis do programa "Vacacións en paz"

12/07/2012

 

O alcalde e a concelleira de Servizos Sociais recibiron aos dous nenos saharauís que pasarán o verán en Tui

 

Mércores, 11 de xullo de 2012. O alcalde, Moisés Rodríguez, e a concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes, recibiron esta mañá aos dous nenos saharauís que pasarán o seu verán en Tui ao abeiro do programa “Vacacións en paz”. Estes nenos, Mohamed de 10 anos e Bachira de 12, son acollidos por dúas familias de Pexegueiro e Rebordáns respectivamente.

 

A edil, Olga Montes, explicaba que ao abeiro deste programa, no que colabora o seu departamento dende 1993, chegan a Tui nenos saharauís con idades entre os 9 e os 12 anos. Salientaba o importante papel que realizan as familias acolledoras.

 

Pola súa banda o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, incidía tamén na importancia destas familias acolledoras, e sinalaba que este programa serve tamén en certa forma para chamar a atención sobre a situación do Sáhara.

 

Ao remate da recepción os nenos foron agasallados polo alcalde e a concelleira con diversos regalos.