Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O alcalde de Tui visitará este domingo á tudense Herminia Villaverde Romero co gallo do seu 101 aniversario

10/10/2014

 

Venres, 10 de outubro de 2014. Este domingo, 12 de outubro, ás 11h. o Concello de Tui ofrecerá unha homenaxe á veciña Herminia Villaverde Romero, co gallo do seu 101 aniversario. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, xunto á concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes, e outros membros do equipo de goberno, visitará a Herminia Villaverde no seu domicilio no barrio de Cigüeñeiras 27, na parroquia de Guillarei.