O Alcalde de Tui recibe aos alevíns do CBTui recentes campiones de Galicia
Os integrantes do equipo alevín do CB Tui foron recibidos onte mércores 22 de xuño na Casa do Concello de Tui polo alcalde, Moisés Rodríguez, e o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, xunto aos edís do equipo de goberno Jose Angel Villaverde, Olga Montes, Marcelino Cendón e o concelleiro do BNG Laureano Alonso.
A recepción celebrouse para felicitalos polo Campionato de Galicia que lograron recentemente. O Concelleiro de Deportes, que é tamén o presidente do CB Tui, manifestou sentirse emocionado nesta recepción recoñecendo que cando era xogador o seu desexo era poder gañar un título para ser recibido polo alcalde, daquela non o puido facer pero si despois coma adestrador, e agora coma concelleiro. Felicitou aos xogadores polo triplete logrado, xa que ao título galego suman tamén o Campionato da Delegación de Vigo e o Provincial.
O alcalde dirixiuse aos xogares manifestando que son un diamante en bruto que hai que pulir, por ese motivo lles fixeron entrega dunha réplica dun diamante para conmemorar o título galego logrado dicía Moisés Rodríguez.
O adestrador do equipo Ángel Aldea sinalaba que este é un gran éxito aínda que recoñecía que os rapaces aínda non son conscientes do que significa. Engadía que é froito de todo o tempo que levan adestrando, e agradecía o apoio recibido polo club, as familias e os patrocinadores.
Tomado de www.galiciasuroeste.info