Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O alcalde de Tui e deputado entregou unha subvención de 5 mil ao Club Penedo de Caldelas

27/03/2014

Xoves, 27 de marzo de 2014. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, na súa condición de deputado provincial, fixo entrega onte á mañá ao presidente do Club Penedo de Caldelas, Juan José Ricón Soliño, dunha subvención da Deputación Provincial por importe de 5 mil euros, mil máis que o ano pasado, para participar en ligas e competicións oficiais.

Na entrega o alcalde de Tui, estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo. O rexedor e o edil comentaron con Juan José Ricón Soliño  a marcha do club que están a ter bos resultados nas competicións de augas bravas nas que participa, así coma na liga Galega de Kaiak Polo onde compiten os seus dous equipos femininos. Aproveitou amais para desexar sorte ao padeeiro do Club Penedo, Luís Fernández, que no mes de abril competirá no Mundial de Slalom en Australia.