Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Alcalde de Tui da a saída aos corredores do proxecto "1 euro por Km - SOS Corno de África" na súa terceira etapa

20/10/2011

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, acompañado de varios concelleiros do grupo de goberno deu a saída esta mañá dende a praza do Concello de Tui aos corredores que participan na carreira solidaria “1 euro por qm – SOS Corno de África” que emprendían así a súa terceira etapa do seu percorrido.

 

Trátase dun proxecto que aspira a percorrer España realizando unha carreira por relevos que tenta recadar fondos para axudar na loita contra a fame e denunciar o abandono da comunidade internacional diante da traxedia que sucede no chamado “Corno de África”.

 

Hoxe serán 15,3 qm entre Tui e Porriño os que cubran este grupo de corredores solidarios. Esta carreira iniciada na Guarda o domingo 16 de outubro, rematará o vindeiro sábado 29 de outubro en Verín.