Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Alcalde asiste á presentación dos roteiros "Emocións na raia do Miño"

16/06/2011

O ALCALDE DE TUI ASISTIU ONTE A PRESENTACIÓN DO ROTEIRO “EMOCIÓNS NA RAIA DO MIÑO”

Promovido polo Palacio da Brejoeira integra aos municipios de Valença, Salvaterra, Monçao e Tui

 

Moisés Rodríguez Pérez, alcalde de Tui, asistiu onte, mercores 15 de xuño, no Palacio da Brejoeira, en Monçao, á presentación dos roteiros “Emocións na raia do Minho” que impulsados por este Palacio conta coa participación dos municipios de Valença, Monçao, Salvaterra e Tui. Na rolda de presa estiveron presentes o administrado do Palacio da Brejoeira, Emilio Sousa Magalhaes, acompañado polo director do Turismo Porto-Norte, Melchor Moreira, o alcalde de Monçao, o Vereador de Cultura e Turismo de Valença e un representante do Concello de Salvaterra.

O folleto presentado onte é resultado dunha iniciativa inédita promovida polo Palacio da Brejoeira, elemento patrimonial de primeira magnitude e que dende a súa apertura ao público –hai aproximadamente un ano- leva recibido máis de 25.000 visitantes, para o establecementos de senllos roteiros polos municipios de Salvaterra, Tui, Valença e Monçao. Baixo o nome de “Emocións da raia do Miño” se ofertan unha ruta de caracter patrimonial e outra natural polos elementos máis emblemáticos do patrimonio destes catro municipios miñotos.

O Alcalde de Tui na sua intervención felicitou ao Palacio da Brejoeira como impulsores dunha iniciativa transfronteiriza de grande interese, pois tenta que os fluxos turísticos que reciben cada un dos participantes poida extender a sua presenza a outros enclaves destes roteiros. Moisés Rodríguez destacou tamén a importancia do turismo no que resulta esencial un traballo conxunto no xa entre os municipios veciños senón entre o sector público e o privado pois únicamente coa colaboración conxunta será posible realizar unha oferta atractica e de interese.

O folleto comprende unha descrición dos municipios, acompañada de fotografías sobre a riqueza natural e patrimonial da zona. O programa sobre patrimonio comeza no Palacio da Brejoeira, ofrecendo de seguido a visita ao Centro Interpretativo do Castro de S. Caetano, centro histórico e murallas de Monção. O programa prosegue, do outro lado do río, con o Pazo do Conde e de Dona Urraca – Murallas, en Salvaterra de Miño e a Catedral e casco histórico de Tui. O roteiro termina na praza-forte de Valença. O programa de natureza e lecer, ten como punto de partida o Palacio da Brejoeira, continuando con visitas ao parque das termas e balneario termal, en Monção, ao Parque da Canuda, en Salvaterra. De aqui segue  para o Parque Natural do Monte Aloia, en Tui, e o Mosteiro de Sanfins, observatorio avi-fauna e Ecopista do Rio Miño, en Valença.