Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Albergue de peregrinos de Tui supera as previsións de acollida con 378 peregrinos no mes de abril

6/05/2010

O ALBERGUE DE PEREGRINOS DE TUI ACOLLEU NO PASADO MES DE ABRIL 378 PEREGRINOS

 

O Albergue de peregrinos da nosa cidade continúa batendo todas as previsións de ocupación, acadando ao longo do pasado mes de abril uin total de 378 peregrinos que pernoctaron no albergue tudense. Se comparamos estes datos con anos anteriores compróbase este incremento: no pasado ano 2009 foron 268 peregrinos os que ocuparan o albergue e no anterior Ano Santo, en 2004, o número chegara aos 310 ocupantes.

 

Estes altos índices de ocupación veñen tamen confirmados polo número de credenciais que foron expedidas na Catedral de Tui aos que inician o seu camioño na nosa cidade, que no pasado mes de abril achegáronse ás 800. Acadando tamén unha cifra certamente importante que acredita como a cidade de Tui consolídase como un referente nos camiños de peregrinación cara Compostela, a auténtica e histórica porta de entrada os camiños portugueses de peregrinación, tamén neste ano santo 2010.

 

Ainda que a maiora realizan o seu percorrido a pé, son numerosos os peregrinos que veñen en bicicleta e mesmo hai vários grupos que teñen realizado a súa peregrinación a cabalo. Cabe destacar que os peregrinos reciben con sorpresa e fascinación a beleza da cidade de Tui, descoñecida para moitos. Os visitantes destacan a beleza paisaxística e a riqueza patrimonial da cidade como clave do seu encanto.

 

O Concello de Tui por medio do seu concelleiro de cultura amosa a súa satisfacción pola consolidación da nosa cidade como a auténtica porta de entrada en Galicia do camiño portugués como ven reflectido nos datos estatísticos aportados, consolidándose o caracter xacobeo da nosa cidade. Os peregrinos que preparan o seu itinerario de peregrinación escollen a Tui como inicio do seu camiño ou como etapa do seu peregrinaxe tanto polos seus recursos turísticos, coa Catedral como gran atractivo, como polos servizos de atención aos peregrinos que oferta este municipio.

 

O traballo desenvolvido a través do perfil de facebook, com case 1800 usuarios, a promoción xornalistica, a edición e distribución de folletos en seis idiomas... colleita agora os seus froitos. A creación dun abergue provisional, de inmediata adxudicación, a apertura do centro de interpretación do camiño português no edifício municipal de San Domingos, etc. son medidas que contribuirán a favorecer e mellorar a acollida aos peregrinos que transitan por Tui cara a Santiago de Compostela. A recente apertura dun albergue privado corrobora tamén a puxanza do fenómeno xacobeo na nosa cidade.