Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ñu celebrará os seus cincuenta anos na música nas festas de San Telmo

16/03/2026

Estará en concerto o domingo, 5 de abril, ás 19.30 h no Espazo Feiral

Cincuenta anos sobre os escenarios leva o grupo de rock Ñu liderado por José Carlos Molina. Dentro da xira que está a realizar por toda España para celebrar estes 50 anos de música estarán en concerto nas festas de San Telmo o domingo 5 de abril, ás 19.30 h no Espazo Feiral con entrada libre.

Ñu, unha das grandes bandas de rock español, naceu en Madrid en 1974 da man de José Carlos Molina e Rosendo Mercado, que logo deixaría esta formación para crear Leño.

José Carlos Molina, flautista, cantante e compositor, leva en activo ao fronte do grupo estas cinco décadas de forma ininterrompida.  

Ñu conta cun estilo propio, pioneiro no seu día, que logo seguiron outras bandas coma Celtas Cortos ou Mago de Oz.

En Tui o próximo domingo 5 de abril repasarán boa parte dos temas que se converteron en lendarios ao longo destes 50 anos, e moi especialmente do seu último traballo “Estoy vivo”.

Tui comezará así con forza e música en directo a primeira fin de semana das Festas de San Telmo.