Novos concerto hoxe e o venres do IV Ciclo de Xoves Intérpretes do Conservatorio e a Escola de Música de Tui
25/04/2016
A sala de audicións do Conservatorio Profesional de Música de Tui acolle ás 20.30h o terceiro concerto do IV Ciclo de Xoves Intérpretes organizado por este centro e pola Escola de Música de Tui. Hoxe van actuar Felipe Fernández Vilanova á trompeta e Antonio González Uris ao piano intepretando obras de Beethoven, Debussy, Picavais, Ferrán, Hansen e Ropartz. A entrada é libre ata completar o aforamento.
Este venres, 29 de abril, péchase este cuarto ciclo co derradeiro concerto a cargo de José Castro Martínez ao clarinete e Sergio Alonso Pazo á guitarra. Será de novo na sala de audicións ás 20.30h con entrada libre ata completar o aforamento.