Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Novo prazo de inscrición para o Campamento Urbano e Deportivo de Tui

23/06/2014

Luns, 23 de xuño. O Concello de Tui abre un novo prazo de inscrición para o Campamento Urbano e Deportivo de Verán Tui 2014, para cada unha das quendas ofertadas.

Aínda que este ano volveuse a superar as inscricións realizadas no ano pasado, dende mañá martes 24 ata o xoves 26 de xuño, de 9 a 14 horas, todos os interesados que non o fixeron poderanse inscribir en calquera das tres quendas ofertadas, presentando toda a documentación necesaria e facendo o ingreso do prezo do campamento na tesourería do Concello de Tui.

Lembramos a todos os pais/nais o titores que non fixeron o ingreso nas datas previstas, poderán facelo nestes días, pechando o xoves 26 o prazo definitivo para as inscricións e abonos do campamento.

A primeira quenda do campamento comezará o próximo martes, 1 de xullo, a partir das 9 horas no novo pavillón deportivo municipal de Tui, o para aqueles que seleccionaron a aula matinal, a partir das 8h horas na mesma instalación.

Condicions Xerais
Solicitud de inscripción