Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Novas xornadas de portas abertas no Telecentro de Tui

2/11/2009

A PARTIR DO LUNS 3 DE NOVEMBRO COMEZAN UNHAS NOVAS "XORNADAS DE PORTAS ABERTAS" NO TELECENTRO DE TUI

 

Hoxe lúns 2 de novembro o Telecentro de Tui comezará a realización dunhas "xornadas de portas abertas" dirixidas a toda a poboación tudense para a difusión dos recursos que ofrece á cidadanía este  equipamento do Concello tudense.

Así de lúns a venres de 17,00 a 19,30 horas aqueles veciños interesados en coñecer este Telecentro poderan acceder aos recursos dos que dispón este servizo municipal, que tenta superar a fenda dixital que sufren os cidadáns da nosa Comunidade Autónoma no acceso ás novas tecnoloxias da información e a comunicación.

O acceso é libre e de balde para todos os veciños maiores de idade que poderán usar os servizos deste Telecentro para acceder a consultas de caracter informativo, cultural, etc. en ningún caso para xogos, descargas, etc.

Esta apertura ao público está condicionada pola impartación de cursos e accións formativa neste Telecentro o que obrigaria, se fose o caso, a unha limitación do horario de apertura pública. O acceso é, de momento, para personas maiores de idade.

 

Os obxectivos do Telecentro de Comunicación son os seguintes:

  • Ser un espazo aberto de comunicación.
  • Familiarizar á cidadanía coas novas canles e soportes audiovisuais de comunicación.
  • Facilitar o acceso público a Internet como medio de comunicación favorecendo a democratización de acceso aos servizos que proporciona a Sociedade da Información.
  • Alfabetizar dixitalmente aos grupos máis afastados do desenvolvemento e implantación das novas tecnoloxías.
  • Mellorar a formación profesional dos profesionais do sector audiovisual e multimedia.

 

Este Telecentro atópase situado no primeiro andar do edificio Área Panorámica, na céntrica rúa Colón da nosa cidade, e está integrado na Rede de Telecentros de Comunicación da Secretaria Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia que xestiona, de forma coordinada, esta rede coa posta en marcha de actividades formativas e a implantación de servizos e de accións de sensibilización e acercamento da poboación.

Por outra banda, este Telecentro acollerá dende o vindeiro mércores 4 de novembro un curso sobre "Creatividade e intelixencia emocional", que está organizado polo Consello da Xuventude de Galicia, co obxectivo de ensinar a manexar a forza das emocións para convertir as ideas mellores en realidade. Este curso está preferentemente dirixido a moz@s interesados na creatividade e no traballo da intelixencia emocional como vehículo para a mellora persoal, laboral e social.