Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Nova andaina da Eurocidade: "Trilho" nocturno entre Mosteiros o sábado 14 de xullo ás 22,00 h.

10/07/2012

 

8ª Andaina Saudable Eurocidade 2012

O sábado 14 de xullo – Trilho Nocturno entre Mosteiros

 

Martes, 10 de xullo de 2012. Este sábado 14 de xullo ás 22.00 horas españolas, realizarase a oitava Andaina Saudable Eurocidade 2012, organizada pola Eurocidade Tui – Valença.

 

Neste caso a andaina nocturna “Trilho entre Mosteiros” percorrerá a freguesía de Ganfei, Verdoejo e Sanfins, sendo o punto de encontro a Igrexa Matriz de Ganfei, ás 22.00 horas (españolas). Para aqueles que non coñezan esta igrexa, quedarase ás 21.45 horas no parking do Lidl de Valença.

 

O percorrido, de dificultade fácil-moderada, terá unha distancia de 11 km, sendo o tempo aproximado de duración de catro horas e media.

 

É obrigatorio para cada participante levar unha lanterna para a realización desta andaina.

 

Esta será a oitava andaina do programa de Andainas Saudables Eurocidade 2012. Nas anteriores andainas participaron máis de 100 persoas de media.

 

Punto de encontro

Igrexa matriz de Ganfei – 22.00 horas españolas

Coordenadas: 42° 2'20.31"N / 8°37'24.48"W

 

Parking do Lidl de Valença – 21.45 horas españolas