Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

"Noite de contos" con Quico Cadaval e Jorge Serafim o venres no Teatro Municipal

4/05/2010

As entradas están á venda ao prezo de 4€ e 3€ en www.culturatui.info

"Noite de Contos" con Quico Cadaval e Jorge Serafim

A palabra será a protagonista o venres ás 21.30h no Teatro Municipal

 

 

Martes, 4 de maio de 2010. A palabra é a protagonista este venres á noite no Teatro Municipal de Tui co espectáculo "Noite de contos" a cargo do galego Quico Cadaval e do portugués Jorge Serafim. A cita é ás 21.30h. As entradas están á venda na web www.culturatui.info ata o venres a primeira hora da tarde, e dende ás 20h poderanse mercar no despacho de billetes ao prezo de 4€ e 3€.

 

Quico Cadaval é un polifacético artista, xenial narrador de historias, actor, adaptador teatral e director. En Tui presenta "Do popular ao culto: Autoestradas e corredoiras". Con esta contada pretende demostrar que a circulación entre o popular e o culto é máis fluída do que algúns sospeitan e moitos desexaran. Apunta que convén reconsiderar o papel do pobo como axente cultural nisto que se deu en chamar modernidade.

 

Mentres Jorge Serafim é un afamado contador de historia que percorreu Portugal de norte a sur, incluíndo as Azores. Ten participado en encontros de contadores en España, Arxentina e Canadá, e a súa presenza é habitual en programas da SIC e na RPT1. No seu haber figuran varios libros coma "A.Ventura", "A sul de tí" e "Estórias do Serafim". Jorge Serafim no seu espectáculo di que "conto para apagar os silencios fondos" e para "que todo ao meu redor sexa máis bonito".

 

 

 

Noite de Contos con Quico Cadaval e Jorge Serafim

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Data: Venres, 7 de maio, ás 21.30h

Entradas: 4€ - 3€

Venda de localidades na web www.culturatui.info ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes do Teatro Municipal.