Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Nicolás Lorenzo, concelleiro de Deportes, mantivo unha reunión con José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia

24/04/2012

Trataron do futuro do Centro Interfederado de Tui

 

O pasado venres, José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e Nicolás Lorenzo, concelleiro de Deportes de Tui, mantiveron unha reunión en Vigo, coa intención de trazar as liñas de actuación para a transformación do Centro Interfederado de Tui en Centro Especializado en Tecnificación Deportiva, equipamento que o Concello de Tui considera clave no desenvolvemento do deporte tudense.

 

O concelleiro de Deportes considera primordial darlle un impulso a esta instalación e que estea á altura dos éxitos deportivos acadados polos remeiros/as e padeeiros/as tudenses.

 

Ambos responsables deportivos acordaron continuar os traballos de estudo e adaptación do anteproxecto presentado pola Concellería de Deportes do Concello de Tui aos requirimentos da Secretaria Xeral para o Deporte para esta transformación.