Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Nats Nus Dansa volve a Tui co seu espectáculo “Momentari”

4/11/2009

Nats Nus Dansa volve a Tui co seu espectáculo "Momentari"

Recibiu o premio FETEN 2009 ao mellor espectáculo de danza

 

Mércores, 4 de novembro de 2009. A compañía catalá Nats Nus Dansa regresa este venres ao teatro municipal de Tui para presentar un espectáculo para público familia "Momentari" co que obtivo o premio FETEN 2009 ao mellor espectáculo de danza.

 

Momentari é unha fermosa viaxe chea de sensacións, coros, sons e imaxes protagonizada por Toni, un coleccionista de momentos simples e sinxelos que foi recompilando ao longo dos anos. Coa axuda das seis caras dun cubo irá percorrendo eses momentos da man de catro personaxes que viven no interior. Coas paredes do cubo crean espazos para cada historia, escóndense dentro de proxeccións de vido, e constrúen un verdadeiro inventario de momentos.

 

Nats Nus Dansa creouse en 1987 baixo a dirección de Toni Mira explorando a interacción da danza con outras linguaxes escénicas. Once anos máis tarde, con Claudia Moreso ao fronte xurde Nats Nens dedicada a espectáculos de danza para público infantil. Na súa longa traxectoria estas compañías produciron 18 espectáculos cos que realizaron mías de 2 mil representacións en máis de vinte países de catro continentes.

 

A cita con estas obra de danza contemporánea para público familiar a partir de 5 anos será este venres, 6 de novembro, ás 20h, no Teatro Municipal. As entradas están xa á venda na web www.culturatui.info ou pódense adquirir o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes da Área Panorámica. Teñen un prezo de 3€, 2€ con desconto se 2€ para os menores de 12 anos.

 

Durante o mes de outubro máis da metade das entradas vendéronse por internet

 

A Concellería de Cultura quere salientar o éxito que está a ter a venda de entradas por internet nos espectáculos do Teatro, xa que durante o mes de outubro máis da metade das entradas foron vendidas ao través da web www.culturatui.info.  Por outra parte compre destacar tamén o éxito de público rexistrado nas catro representación ofrecidas o mes pasado onde houbo unha media de 333 espectadores. Dende o Departamento de Cultura quérese agradecer a fidelidade do público que acode ao teatro.

 

Nats Nus Danza con Momentaria

Lugar: Teatro Municipal

Data e hora: Venres, 6 de novembro, ás 20h

Prezo entradas: 3€ - 2€ con desconto e 2€ para menores de 12 anos

Venda de entradas na web www.culturatui.info ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes da Área Panorámica