Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Música para celebrar o Nadal en Tui

20/12/2023

 Este venres ás 20.30 h no Teatro Municipal de Tui actuarán a Banda de Música Popular de Tui e as corais do CEIP de Pazos de Reis, Ponte das Febres, San Telmo e do Centro Social

A música será a protagonista da celebración do Nadal este venres, ás 20.30 h, no Teatro Municipal de Tui co concerto de Nadal que van ofrecer a Banda de Música Popular de Tui e as corais do CEIP de Pazos de Reis, Ponte das Febres, San Telmo e Centro Social.  Interpretarán panxoliñas xunto a outras composicións  nun evento musical no que as cinco agrupacións se irán sucedendo no escenario ou actuando conxuntamente para ofrecer un fermoso espectáculo. As entradas están á venda en tui.gal até dez minutos antes do inicio do concerto, aos prezos de 4€ e 3€.

Abrirá o concerto o Coro Infantil do CEIP de Pazos de Reis coa panxoliña La Mula de Carmen Martorell, e logo intepretarán En Navidad de Rosana.

A continuación o coro infantil e as corais Ponte das Febres, San Telmo e do Centro Social interpretarán Seguindo unha estrela e O Cativiño.

O concerto continuará da man da Banda de Música Popular de Tui con Pusiano Pasodobre de Simon Couceiro Riveira, Man In The Ice de Otto M. Schwarz e Tumaco de Kees Vlak.

Será logo o momento das tres corais Ponte das Febres, San Telmo, e Centro Social e da Banda de Música Popular de Tui para interpretar conxuntamente O Fortuna , de Carmina Burana de Carl Orff, Ilustre Marino de Oscar Navarro para rematar co Coro da Amizade da Zarzuela Los Gavilanes de J. Guerrero.

Con este Concerto de Nadal pecharase a actividade desde 2023 no Teatro Municipal de Tui.

 

Entradas