Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Música e teatro centran hoxe mércores a programación das festas de San Telmo

23/04/2025

Música e teatro centran mañá mércores a programación das festas de San Telmo en Tui.

A primeira cita será ás 16.30 h coa actuación da coral do Centro Sociocomunitario de Tui na Residencia Paz e Ben.

O Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela acollerá a partir das 18 h o primeiro concerto do alumnado do Conservatorio Profesional / Elemental e da Escola de Música de Tui nestas festas, xa que volverán actuar tamén o xoves no mesmo horario. Mañá mércores actuarán tanto solistas coma distintos conxuntos, así coma a banda e o conxunto de gaitas do Grao Profesional que ofrecerán un repertorio clásico.

Ás 21 h comezará no Teatro Municipal de Tui a representación de “Cun pé no ceo” a obra que o grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis estrea dentro da XV Semana de Teatro Amador. Bego Míguez dirixe o elenco formado Miguel Pazo, Manuel Gómez, Germa Perez, Estela Rey, Eva Pazo, Miguel Enríquez, Marta Pazo, Secundino Dominguez, Merchi Rodríguez e Román Bugarín. “Cun pé no ceo” é unha comedia sobre a  vida dunha comunidade de veciños, que se ve alterada cando, por accidente, se atopan ás portas do ceo.

As entradas para esta obra teatral están á venda en tui.gal até o mércores ás 18 h, e pode adquirise tamén dende ás 20 h no despacho de billetes ao prezo de 2€.