Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Música, danza e teatro esta fin de semana dentro da programación cultural do verán

24/07/2026

A igrexa de San Domingos acollerá mañá sábado ao dúo Doa e o domingo a Marta Alonso Tejada Compañía

A Igrexa de San Domingos será o escenario esta fin de semana de dous espectáculos dentro da programación cultural do verán ao abeiro do ciclo Cultura no Camiño.

Mañá sábado ás 20.30 h actuará o dúo Doa formado por Susana de Lorenzo e Xoán Piñón, que contarán coa colaboración musical de Fran Castro e Carlos Castro.   Esta histórica agrupación galega, creada en 1978, interpretará temas de folk de vangarda que conquistarán ao público. Non faltarán as sorpresa a parte final do concerto.

Mentres o domingo, ás 20h, tamén na igrexa de San Domingos será a quenda de “Sofá”, un espectáculo multidisciplinar de danza, teatro, circo, música en directo… con Marta Alonso Tejada e Pablo Reboleiro.  Con humor abordarán as relacións de parella sentando nun sofá moi particular.

Nos dous casos a entrada é libre.