Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Música coral, maxia e teatro mañá martes na programación de San Telmo

18/04/2022

As atraccións no recinto feiral non terán música de 17 a 18.30 h para que poidan disfrutar das mesmas as persoas con sensibilidade auditiva

Música coral, maxia e teatro son as propostas para mañá martes, 19 de abril, na programación das Festas de San Telmo.

A coral Ponte das Febres abrirá o programa festivo actuando ás 17 h no Centro de Día Amoralia.

A partir das 18 h na carpa do Paseo da Corredoira actuará o mago Samuel Moreno co seu espectáculo de maxia “Why not 2.0” que sorprenderá ao público asistente. “Why Not? 2.0” é espectáculo completamente que mestura maxia, con música, tecnoloxía e humor.

E ás 21 h no Teatro Municipal comeza a XII Semana do co grupo de teatro San Fins de Rebordáns que estreará a obra “Milagro no convento de Santa María Juana”. . As entradas para esta función están á venda en www.tui.gal até mañá ás 18 h ao prezo de 2€. Mañá dende ás 20 h poderanse adquirir presencialmente no despacho de billetes neste caso sen numerar.

Amais mañá no recinto feiral, de 17 a 18.30 h as atraccións non terán nin música nin son para que poidan disfrutar tamén das mesmas os menos e nenas con sensiblidade auditiva.

Martes 19

  • 17.00h – 17.30 h No Centro de Día Amoralia, actuación da Coral Ponte das Febres.
  • 18.00h – 19.00 h Na carpa da Corredoira actuación de maxia “Why not 2.0” con Samuel Moreno .
  • 21.00h – 22:15 h No Teatro Municipal, XII Semana de Teatro Amador co grupo de teatro San Fins de Rebordáns. Estrea de “Milagro no convento de Santa María Juana” de Jean Pierre Martínez. Baixo a dirección de Laura Villaverde dez actores e actrices porán en escena esta comedia. As entradas para esta función están á venda en www.tui.gal até mañá ás 18 h ao prezo de 2€. Mañá dende ás 20 h poderanse adquirir presencialmente no despacho de billetes neste caso sen numerar.