Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Moisés Rodríguez Pérez, novo alcalde de Tui

13/06/2011

 

 

O pasado sábado ás 12,00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui tivo lugar a constitución da nova Corporación Municipal tudense na que tomaron posesión os 17 concellerios que a integran. De seguido tivo lugar a elección do novo Alcalde resultando elixido con maioría absoluta Moisés Rodríguez Pérez. No discurso pronunciado a continuación Moisés Rodríguez salientou a súa aposta pola búsqueda do consenso nos grandes temas que afecten ao noso municipio e que incidirá no seu goberno polas politicas sociais e a prol do emprego como ferramentas imprescindibles nestes momentos de crise. Esta sesión contou coa asistencia de numerosos veciños de Tui.