Medio centenar de persoas asistiron a conferencia sobre a peregrinación da raíña Santa en 1325
O programa “Tui, capital do Camiño Portugués, Cultura no Camiño” prosegue cun concerto de Germán Diz, unha camiñada e o espectáculo de danza e música “Camiños que parten”
Medio centenar de persoas asistiron onte á tarde a conferencia sobre os 700 anos da peregrinación da Rainha Santa que ofreceu o historiador e membro do Instituto de Estudos Tudenses, Rafael Sánchez Bargiela, na igrexa de San Domingos.
Con este acto abriuse a programación “"Tui capital do Camiño Portugués – cultura no camiño portugués" que prosegue até mañá venres.
Rafael Sánchez Bargiela afondou no percorrido que dende Coimbra realizou até Compostela a raíña Isabel de Aragón, viúva de Don Dinis, rei de Portugal, en 1325.
O programa cultura, co que o Concello de Tui reivindica o seu papel coma capital do Camiño Portugués proseguirá esta noite na igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns. Ás 21.30 h Germán Díaz, compositor e intérprete de zanfona, ofrecerá o concerto ilustrado “A zanfona e o Camiño de Santiago”. Na igrexa de San Bartolomeu ofrecerá músicas históricas —e imaxinadas— baseadas na tradición sonora dos Camiños a Santiago. Ilustrarase con representacións da zanfona nas igrexas e monumentos dos Camiños a Compostela.
Xa o venres, porase en valor o tramo tudense do Camiño Portugués entre a rúa Olímpicos Tudenses e a capela de Nosa Señora do Camiño en Rebordáns. Será cunha camiñada comentada que porá o aceno no patrimonio tanto material coma inmaterial ao longo do percorrido. Sairá ás 9 h dende a rúa Olímpicos Tudenses, non sendo precisa inscrición previa.
E xa pola noite será a quenda da música e da danza coa compañía Furia Sotelo baixo o título de “Camiños que parten” coa música de “Aquelarre” o último disco de Mounqup.