Maxia e ilusionismo este venres no Teatro Municipal de Tui
Ian Hamilton e Elisa Alfaya presentan ás 20 h “Cousa de nenos”
“Cousa de nenos” é o título do espectáculo que Ian Hamilton e Elisa Alfaya presentan este venres ás 20 h no Teatro Municipal de Tui.
“Cousa de nenos” mestura maxia e sombras chinescas nun espectáculo cheo de corido e ilusión dirixido a toda a familia. O público mergullarase nun mundo imaxinario onde nada é imposible.
Ian Hamilton e Elisa Alfaya, recén afincados en Tui, contan cunha ampla traxectoria desenvolvida principalmente en Londres. Nos seus espectáculo reúnen maxia, mentalismo, técnica de pintura rápida e sombras chinescas tendo coma resultado unha presentación única e divertida.
As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12 h e o venres dende ás 18.30 h poderanse mercar no despacho de billetes, aos prezos de 3€ e 2€.
Ian&Elisa con “Cousa de nenos”
- Lugar: Teatro Municipal de Tui
- Data: Venres, 1 de marzo, ás 20 h
- Entrada: á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12 h e o venres dende ás 18.30 h no despacho de billetes
- Prezos: 3€ e 2€