María Fumaça presenta este sábado en Tui a seu novo espectáculo “Aire”
O novo espectáculo de María Fumaça chega este sábado, ás 19h, ao Teatro Municipal de Tui. Trátase de "Aire".
Dirixido por Uxía Senlle conta con Pablo Pastor na escenografía e Isaac Palacín no son.
Sobre o escenario para interpretar as cancións deste novo traballo estarán Uxía, voz; Magín Blanco, guitarra e voz; Sergio Tannus, cavaquiño e voz; Santiago Cribeiro, acordeón; Antonio Castillo, contrabaixo; Raquel Domínguez, gaita; Pablo Ces, bombo; Oli Xiráldez, requinta e Ana Domínguez, Chus Domínguez, Andrés Giráldez, Tatán e Blanque, voces.
Durante 70 minutos a locomotora musical de María Fumaça presentará o seu novo espectáculo “Aire” con novas latitudes musicais, acompañadas pola ilusión de sempre e cheos de entusiasmo.
Entradas á venda, ao prezo de 5€ e 4€, dende o mércores ás 00h en www.culturatui.info e no despacho de billetes dende o sábado ás 17.30h.As entradas están á venda aos prezos de 5€ e 4€ en www.culturatui.info ata o sábado ás 12h ou o sábado dende ás 17.30h no despacho de billetes.
María Fumaça con “Aire”
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Data: Sábado, 21 de outubro, ás 19h
Entradas: á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 12h ou o sábado dende ás 17.30h no despacho de billetes
Prezos: 5€ para o público en xeral e 4€ con desconto