Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Manualidades, cinema, maxia, judo, e teatro para o xoves das festas de San Telmo

30/03/2016


Os contos centrarán a actividade de “Colorín Colorincho” da man de En un Tris Tras que abre mañá xoves, 31 de marzo, o programa das festas de San Telmo. A cita será na Área Panorámica, porta 4, entre ás 11.30h a 13.30h. Os nenos, a partir de 3 anos, poderán realizar  manualidades sobre os contos.


 


Os máis pequenos son tamén os destinatarios da nova proxección de cinema prevista ás 16.30h, na Sala Félix, porta 10 da Área Panorámica. Os nenos poderán disfrutar con “El libro de la vida”.


 


No Paseo da Corredoira ás 18h haberá unha exhibición de judo na que os integrantes do Judo Club Tudense demostrarán as súas habilidades.


 


O Rei Midas presenta o espectáculo de maxia “Maxia cómica cousa de 2” ás 19h no Paseo da Corredoira, en caso de choiva será na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica con entrada libre ata completar o aforamento. Unha hora despois, ás 20h, no Paseo da Corredoira, animación de rúa con Amigos dos Bombinhos.


 


Pecha as actividades de mañá xoves a VIII Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. Ás 21.15h o grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui  porá en escena “A miña tía e as súas cousas” baixo a dirección de Arsenio Gállego Chacón. Os dez actores da obra levarannos ata a historia dunha tía e a súa sobriña que lembran anualmente a desaparición do marido da tía na Rusia da División Azul. As entradas poranse á venda media hora do comezo das función no despacho de billetes ao prezo de 1,5€.