Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá xoves segunda proxección do ciclo de cine alemá de entreguerras coa película “Berlín” e visita á exposición de fotografías da UFA

11/11/2010

Mañá xoves segunda proxección do ciclo de cine alemá de entreguerras coa película “Berlín” e visita á exposición de fotografías da UFA

Mércores, 10 de novembro de 2010. Mañá xoves 11 de novembro ás 19,30 horas continúan as proxeccións do ciclo de cine alemá  co filme “Berlín: sinfonía dunha gran cidade”. Estas actividades chegan á cidade grazas á presenza da exposición “Fotografías da UFA,” que se realiza grazas á colaboración establecida entre a Concellería de Cultura tudense e a Fundación Vicente Risco e co patrocinio do Goethe Institut – Instituto Alemán de Cultura

“Berlín, sinfonía dunha gran cidade” (Alemaña – 1927)
Duración: 62 minutos
Director: Walter Ruttmann
Guión: Robert Barbeske, Karl Freund, Reimar Kuntze, László Schäffer.
Xénero: documental mudo
Sinopse: Inspirado no documental soviético Kino-Nedelia (1918) de Dziga Vertov, Ruttmann realizou cos mellores  fotógrafos alemáns de época documental baseano na vida da cidade de Berlín, en cinco actos e durante un día, co tranvía e o tren de fondo.

Ten un valor antropolóxico da Alemaña antes do nazismo e suxire unha forza premonitoria e lírica que esperta reflexións sobre a civilizada tecnocracia que invade o ser humano.

A película proxectarase en versión orixinal con subtítulos en galego no Telecentro de Tui a partires das 19,30 horas. O vindeiro sábado 13 de novembro con “Emilio e os detectives” (1931) remata este ciclo.

Exposición “Fotografías da UFA”
A exposición amosa o traballo desenvolvido polos artistas, técnicos e creadores alemáns nos míticos estudios de cine de Berlín. Aunando creatividade con innovacións tecnolóxicas do cine da época os artistas da UFA produciron unha serie de títulos clásicos que marcaron o rumbo da historia do cine en Europa e en Estados Unidos. A exhibición amosa unha escolma de fotografías das rodaxes de películas como “Metropolis”, “El angel azul”, “Los nibelungos” e outras así como os bocetos dos grandes director de arte daquela época.

A UFA é unha gran compañía cinematográfica alemán fundada no ano 1917 con forte apoio gobernamental, tras a derrota de 1918 a compañía privatízase comezando unha aposta polas grandes producións. A UFA salienta polo protagonismo que tivo no cine expresionista xermano de “entreguerras”, unha auténtica idade dourada, que tivo como principais expoñentes a Fritz Lang, F.W. Munau e G. W. Pabst.
A mostra recolle 48 fotografías que amais da súa alta calidade, ofrecen unha interesante visión da sétima arte na Alemaña de entreguerras.

A mostra e as películas son unha iniciativa da Fundación Vicente Risco en colaboración co Instituto Goethe, Xunta de Galicia, Centro Galego de Arte Contemporánea, Festival de Cine de Ourense e Cineclube Padre Feijoo xunto coa Concellería de Cultura do Concello de Tui.