Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá xoves espectáculo de contacontos na Biblioteca Municipal

25/05/2011

Mañá xoves, 26 de maio, espectáculo de contacontos na Biblioteca Municipal

Fantoches Baj presenta “Contos do demo”

 

Mércores, 25 de maio de 2011. A Biblioteca Municipal de Tui continúa a desenvolver o seu programa de actividades denominado “Mes dos libros” que abrangue os meses de maio e xuño. Este xoves, ás 18.30h, chega unha nova cita desta programación co espectáculo de contacontos infantil titulado “Contos do demo” a cargo do grupo “Fantoches Baj”.

 

O dito popular "cando chove e quenta o sol, anda o Demo por Ferrol" é a orixe desta selección de contos de diferentes tradicións europeas. A través de cancións, de xogos de animación e da palabra vanse narrando tres historias nas que o demo finalmente sae escaldado.

 

Trátase dunha actividade de animación dirixida a nenos de máis de catro anos de idade.

 

Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Tui e segundo o concelleiro de cultura en funcións, Moisés Rodríguez Pérez, é unha mostra máis da aposta que o Concello tudense ven realizando pola promoción do libro e a lectura dende este centro bibliotecario, e que ten na programación do Mes dos Libros unha das súas principias citas ao longo do ano.