Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá xoves 7 de xullo, ás 11.30 horas, terá lugar a presentación do Campus Joe Arlauckas

6/07/2016

Mañá xoves 7 de xullo, ás 11.30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Campus Joe Arlauckas, que congrega ata o sábado no noso concello a máis de setenta xogadores e que comezou co Clínic Joe Arlauckas no que estiveron presentes Carlos Vaqueiro, Pepe Laso, Antonio Carrillo, Pepe Casal e o mellor adestrador do baloncesto europeo, Zeljko Obradovic.

Nesta presentación asistirán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de deportes de Tui, Laureano Alonso, acompañados de outros concelleiros de Tui, así como Joe Arlauckas, director do campus, Salva Arco, xogador ACB del Iberostar Tenerife e Sindo Bargiela, da organización do campus.