Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá xoves, ás 20h, no Teatro Municipal concerto de Fin de Curso do Conservatorio de Tui

8/06/2016


O alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Tui rematará o curso escolar 2015/2016 cun concerto que terá lugar no Teatro Municipal, no edificio da Área Panorámica. A cita será mañá xoves, 9 de xuño, ás 20:00 horas. No mesmo participarán preto dunha trintena de alumnos, incluíndo a actuación do grupo de  “Música en movemento”, conformado por 15 nenos e nenas, á que se sumarán 13 actuacións nas que participan 17 rapaces máis.

O director do Conservatorio, Rubén Pérez, anima a tódolos tudenses e veciños da comarca a acudir a un concerto “de gran nivel” e que promete ser “moi dinámico”.  Finaliza así o curso para os estudantes que interpretarán obras amplamente recoñecidas polo público asistente, pero no que a innovación na posta en escena será un aliciente fundamental.

A entrada ao concerto de fin de curso é totalmente de balde, pero por razóns organizativas e debido ao aforamento limitado deberase recollerse de forma anticipada no despacho de billetes dende ás 19h.


Tamén dende ás 19h o alumnado do Conservatorio poderán recoller as notas deste curso.