Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá xoves ás 18.30h inaugúrase a exposición “A natureza das cores’’ de José de Freitas

3/02/2016


Mañá xoves, 4 de febreiro, ás 18.30h será inaugurada a exposición “A natureza das cores” na Sala de Exposicións Municipal de Tui na Área Panorámica. O acto contará coa presenza da concelleira de Cultura, María José González, e do propio artista, José de Freitas.


A exposición achega paisaxes realizados con distintas técnicas coma pastel ou tinta china. Destacan as imaxes nas que o río Miño e a fortaleza de Valença son os protagonistas, levándonos a un mundo onde a natureza está chea de cor. Poderá visitarse ata o 26 de febreiro de luns a venres de 9 a 14h.