Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá venres remata o prazo de inscrición no Entroido tudense

28/01/2010

Establécese un máximo de 15 comparsas e 10 grupos

Mañá remata o prazo de inscrición para o Desfile-Concurso de Entroido

Os interesados débense anotar de 10 a 14 no Departamento de Cultura

 

Xoves, 28 de xaneiro de 2010. Mañá venres remata o prazo de inscrición para o Desfile-Concurso de Entroido en Tui que se celebrará o martes 16 de febreiro dende ás 17.30h. Os grupos e comparsas que desexen participar débense anotar ata mañá no Departamento de Cultura, de 10 a 14h, cubrindo o impreso normalizado establecido para este fin. Amais deben presentar fotocopia do CIF da Asociación ou NIF do particular, copia do DNI do representante da comparsa ou grupo, e certificado da conta bancaria. Establécese un máximo de 15 comparsas e de 10 grupos participantes, que se anotarán por orde de chegada coa salvidade de que nunca unha comparsa ou grupo de Tui quedarán fóra da concurso. 

 

Premios

 

A Concellería de Cultura repartirá neste Desfile-Concurso 4.500€ en premios, unha cifra á que hai que sumar o importe que se destina ás asignacións fixas por participar.

 

Na Clasificación Xeral Comparsas - con máis de 25 compoñentes- e grupos - con entre 15 e 25 integrantes - competirán conxuntamente optando na clasificación xeral a un primeiro premio de 800€, un segundo de 600€ e un terceiro de 400€. En carrozas establécense tres premios de 600€, 400€ e 200€, e para acompañamento musical a dotación dos premios de é de 400€, 200€ e 100€. Coma antes se sinalaba tamén se establece esta ano tres premio á Parodia que oscila entre os 200€ e os 50€.

 

Este ano establécense unha cantidade de 450€ que se repartirán, ou non, segundo o criterio do xurado en forma de accésits.

 

Amais dos premios establecidos as comparsas e grupos participarán recibirán pola súa presenza unha compensación económica que oscila entre os 75 e os 600€ en función de se son grupos ou comparsas, se levan ou no carroza, e se son de Tui ou foráneas.

 

As bases completas de participación pódense consultar nas web www.culturatui.info e www.concellotui.org así coma no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e no Departamento de Cultura do Concello de Tui.