Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá venres recepción á Selección Uruguaia de Remo

20/08/2020

Mañá venres, 21 de agosto, ás 11.00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui, terá lugar unha recepción aos integrantes da Selección Uruguaia de Remo, concentrados no CETD de Remo de Tui, como preparación para a regata clasificatoria para os Xogos Olímpicos de Tokio 2021.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, xunto con outros concelleiros de Tui,  o presidente do Club Remo do Miño, Manuel Ángel González, o remeiro tudense, Jesús González, así como os integrantes da Selección Uruguaia de Remo, formada por seis deportistas e un adestrador.