Mañá venres proxéctase “Veciños Invasores” na Praza de San Fernando
Mañá próxectase “Veciños Invasores” na Praza de San FernandoPequenos e maiores poderán disfrutar deste film de animación
Xoves 26 de xullo de 2007. Mañá, ás 22.30h, proxectarase na Praza de San Fernando a película de cinema “Veciños Invasores”, no marco da programación cultural que para o segundo semetre do ano organiza a Concellería de Cultura de Tui. “Veciños Invasores” é unha película de animación da factoria Dreamworks. Baseada na banda deseñada de Michael Fry e T. Lewis R.J é unha divertida comedia protagonizada por un mapache, unha tartaruga, e outros animais, que vén invadido o seu hábitat por unha urbanización. Nos seus novos veciños atoparán un novo xeito de vida. A diversión está garantida durante os 83 minutos que dura a película. Cinema: Veciños InvasoresData: Venres 27 ás 22.30hLugar: Praza de San FernandoOrganiza: Concellería de Cultura