Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá venres preséntase a programación musical do MUMI 2021

29/07/2021

Mañá venres, 30 de xullo, ás 11 hora española, no antigo convento de San Domingos, terá lugar a presentación da programación musical do MUMI 2021, a feira que se vai celebrar na Eurocidade Tui-Valença do 9 ao 11 de setembro reunindo a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués.

A presentación contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do presidente da Cámara Municipal de Valença, Manuel Lopes, e do director da Agadic da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil.  Tamén a participarán a concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente, o vereador de Cultura de Valença, Mario Rui Oliveira, xunto a Emi Candal e José Costa, membros do equipo organizador do MUMI 2021.