Mañá venres preséntase a programación cultural do verán
9/07/2020
Mañá venres, 10 de xullo, ás 11.30 h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da programación cultural do verán que se vai desenvolver dende o próximo mércores día 15 en Tui.
A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente.