Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá venres preséntase o anteproxecto de urbanización da traseira da Área Panorámica

18/10/2018

Mañá venres, 19 de outubro, ás 12h na Área Panorámica terá lugar a presentación do anteproxecto de urbanización da traseira de Área Panorámica como zona verde.

A presentación correrá a cargo do alcalde, Carlos Vázquez Padín, membros do equipo de goberno, e os arquitectos redactores do proxecto.