Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá venres o Teatro Municipal acolle a presentación do disco “Salvado  - Piano Works” de Andrea González

2/06/2022

En Tui inicia unha xira de concertos por España recuperando a obra musical de frei Rosendo Salvado

O Teatro Municipal de Tui vivirá mañá venres, 3 de xuño, unha excepcional xornada co concerto – presentación do disco “Salvado – Piano Works” da pianista tudense Andrea González, no que recupera a fascinante música do monxe Rosendo Salvado. Neste disco, editado por Warner Music, inclúense inclúen seis obras: Salve Regina, Fantasía, variaciones y final, Tantum ergo, Pequeño entretenimiento con aire de marcha, Gran Walz fantástico e Maquialó, unha peza creada coa música que Salvado recolleu dos aborixes australianos e que enviou aos seus amigos e familiares tudenses, de tal forma que na súa primeira vista a súa cidade natal, en 1853, a banda de música tudense deulle a benvida interpretando esta peza.

O concerto comezará ás 21 h con acceso libre ata completar o aforo do Teatro Municipal.

Dende o ano 2014 Andrea González ven estudando e interpretando a música para piano de Rosendo Salvado, unha figura de proxección universal como queda patente no ciclo de actividades que nos días previos a este concerto está organizando o Concello de Tui para redimensionar a figura do bispo Salvado. O traballo da pianista tudense en diversos arquivos, entre eles o Arquivo Catedralicio tudense, permite descubrir ao misioneiro tudense, que xa na súa formación en España e Italia salientou polas dúas dotes musicais e interpretativas,  como o primeiro compositor e interprete de música para piano en Australia, introducindo a virtuosidade e a tradición musical europea naquelas terras ao tempo que recollía e transcribía a música dos aborixes. Con eles fundou unha orquestra de corda e unha banda de vento, pois valoraba a excepcional disposición para a música daquela civilización aborixe.

Andrea González (Tui, 1987), é Vicepresidenta de Juventudes Musicales de España e directora do International Keyboard Festival & Maserclass da Eurocidade Tui-Valença. Premiada en numerosos concursos de piano nacionais e internacionais ten realizado concertos en Cuba, Australia, Reino Unido, Italia, Portugal e España, onde tamén realiza master classes, conferencias e xurados de concursos. A súa formación en xestión musical pola Academia del Teatro alla Scala de Milán e a Universidad de Westminster de Londres tivo o apoio das fundacións galegas Pedro Barrié de la Maza e Segundo Gil Dávila. Asemesmo, é Presidenta de Xuventudes Musicais Eixo Atlántico e promove numerosos proxectos culturais en Galicia que compatibilizada coa súa actividade de concertista de profesora de produción e xestión de música e artes escénicas no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Andrea Gonzalez, sinala que “quería dar a conocer un tesoro de nuestra historia y reivindicar valores importantes para nuestra sociedad…‘como la música como herramienta de transformación social” conclúe.

Para a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente Solla, este concerto é un acontecemento na programación cultural tudense pois posibilita que as xentes de Tui e a súa contorna coñezan e gocen da obra musical do tudense Frei Rosendo Salvado e o traballo de investigación e interpretación realizado pola música tudense Andrea González. Recuperar o legado musical de Salvado contribúe a divulgar a poliédrica e portentosa traxectoria deste tudense universal, recuperando e enriquecendo o noso patrimonio cultural coa obra musica de Rosendo Salvado, gracias ao traballo de Andrea González.

Actividades previstas no ciclo sobre Rosendo Salvado:

  • Venres, 3 de xuño, ás 21 h no Teatro Municipal
    • Concerto – presentación do disco “Salvado - Piano Works” de Andrea González. Entrada libre até completar o aforo.
  • Sábado, 4 de xuño, ás 21 h no Teatro Municipal
    • Proxección do documental “De Rosendo a Rosendo” (2018) dirixido por Cesar Espada.