Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá venres inaugúrase a exposición itinerante de madeira torneada "Contornos"

4/03/2010

ECONOMÍA E INDUSTRIA PRESENTA EN TUI A EXPOSICIÓN ITINERANTE DE MADEIRA TORNEADA "CONTORNOS"

 

§         A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, o alcalde de Tui e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, participarán no acto de inauguración da mostra o vindeiro venres 5 ás 13:00 horas, en Tui.

 

§         A exposición, que se poderá visitar no Edificio Área Panorámica do Concello de Tui do 5 ao 12 de abril, percorrerá diferentes localidades galegas ao longo do ano 2010 co obxectivo de contribuír ao achegamento entre sociedade e artesanía, así como á apertura de novas posibilidades de creación e de divulgación para a tornería artesanal de Galicia.

 

Tui, 4 de marzo de 2010.- A Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, organiza unha nova edición da mostra de tornería "Contornos", que percorrerá diferentes localidades galegas ao longo do ano 2010 e que se poderá visitar en Tui do 5 ao 12 de abril. A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, o alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha e mais a xerente da Fundación, Elena Fabeiro Castro, participarán no acto de inauguración da mostra o vindeiro venres 5 ás 13:00 horas, no que tamén se presentará un catálogo que recolle as fotografías de todas as pezas que conforman "Contornos".

 

A Consellería de Economía e Industria aposta por unha nova edición da exposición, que é resultado da novena edición do Encontro de Torneiros celebrado en Xermade entre o 10 e o 13 de setembro de 2009. Deste xeito, a III Exposición de Madeira Torneada "Contornos" recolle o traballo de 38 autores procedentes de Galicia, da Rioxa, de Navarra, de Andalucía, de Cataluña, de Asturias, do País Vasco, das Illas Baleares, das Illas Canarias, de Madrid e de Francia, que amosan un total de 50 pezas de madeira torneada de alta calidade tanto artesanal como artística.

 

Os autores que este ano participan na exposición itinerante "Contornos" son Jesús Abad Hernández, Jorge Anllo Sanjurjo, Alfonso Arrieta Aniz, Eduardo Bautista Bustos, José Luis Bernat Varela, Antonio Blanco de la Piñera, Francisco Boyero Cañas, José Antonio Buíde Mouriz, Manuel Castro Romero, Francesc Dasquens Mateu, Jean François Delorme, Jean François Escoulen, José Andrés Flórez García, Gabriel Fuentes Nieto, Jesús García Albá, José García Otero, Juan José González Redondo, Julio Guntín Currás, Jesús Iglesias Pereira, Guillermo Lamberti Fernández, Antonio Justo López, Miguel López Aznar, José López Rubio, Yann Marot, Juan Carlos Moreira Pereiro, José Pena Pena, Manuel Antonio Piñeiro Pouso, Toni Porto, Juan José Porto Suanzes, José Ramón Rego Chao, Alberto Rodríguez Merino, Ricardo Rodríguez Morales, Rafael Saigí Domínguez, Ana Santiago Urkijo, José Suárez Regueiro, Lurdes Ulazia Aizpurua, Fernando Vérez Tojeiro e Fernando Vigo García.

 

Dende a Consellería de Economía e Industria estase a apostar decididamente pola exhibición e divulgación da artesanía galega, en xeral, a través da promoción da marca Artesanía de Galicia, e da tornería en particular, a través de actuacións como a exposición itinerante Contornos ou o Encontro de Torneiros de Xermade, que no mes de setembro deste ano celebrará a súa décima edición.