Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Maña venres inauguración da exposición "Velha Tui Nova"

21/07/2011

 

MAÑÁ VENRES INAUGÚRASE A EXPOSICIÓN “VELLA TUI NOVA”

 

Mañá venres, 22 de xullo, ás 21,00 horas terá lugar o acto de inauguración da exposición “Vella Tui Nova: propostas de requalificaçao urbana para cidade de Tui” un proxecto promovido pola Escola Superior Gallaecia, de Vilanova de Cerveira, e auspiciado pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui e colaboración co Concello de Tui.

A exposición está insatalada na zona Anexo da Sala Municipal de Exposicións, no edificio Área Panoramica (rúa Colón, 2) e permanecerá aberta ao público ata o 9 de setembro.

Esta exposición acolle os proxectos académicos de estudantes da Escola Superior Gallaecia no Curso integrado de Arquitectura e Urbanismo realizado no ano 2009 e que tiveron a á cidade de Tui como punto de partida.

Para a concelleira de cultura, Vanesa Rodríguez Pereira, esta exposición posúe un grande atractivo pois posibilitará o coñecemento de propostas dos alumnos da Escola Superior Gallaecia para mellorar o urbanismo da nosa cidade, ofrecendo unha serie de alternativas que suscitarán debate e reflexión.

Esta exposición forma parte da programación da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui que na actualidade acolle tamén á exposición de pintura do recoñecido artista Antonio Abad titulada “Paisajes cercanas” na que amosa o seu dominio da técnica do pastel ofrecendo unha exposición da grande calidade.

Aínda que na axenda cultural Corredoira figura como data de inauguración hoxe 21 de xullo esta tivo de aprazarse por motivo de axenda dos responsables de Escola Superior Gallaecia.