Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá venres ás 20.30h será inaugurada a exposición conxunta de Raimundo Martínez e Antonio Abero

5/05/2016


O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, María José González, serán mañá venres, 6 de maio, ás 20.30h os responsables da inauguración da exposición conxunta de escultura en pedra e madeira do tudense Raimundo Martínez, e do vallisoletán Antonio Abero. Os dous artistas estarán presentes no acto.


A mostra poderá visitarse ata o 31 maio en horario de luns a venres de 9.30h a 13.30h e de 16 a 20.30h.