Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá tertulia con Víctor F. Freixanes e Marga do Val sobre as súas obras gañadoras do Premio da Crítica española 2011

26/10/2011

Con este acto rematan as actividades da “Semana da Biblioteca”

 

Para rematar coa programación de actividades da “Semana da Biblioteca” mañá xoves 27 de outubro á Biblioteca Pública Municipal de Tui organiza unha tertulia literaria na que participarán Victor F. Freixanes e Marga do Val, ambos galardoados co Premio da Crítica Española 2011, na modalidade de lingua galega, pola novela “Cabalo de ouros” e o poemario “A cidade sen roupa ao sol” respectivamente, como as mellores obras editadas na nosa lingua no pasado ano 2010.

No decurso desta tertulia cada un dos autores falará nomeadamente da obra do seu compañeiro; Victor F. Freixanes do libro de poemas de Marga do Val e esta da novela “Cabalo de ouros”, sen renunciar a calquera outra referencia ao panorama da nosa literatura.

Este acto comezará mañás xoves ás 20,00 horas na sala Feliz Rodríguez González, no edificio Área Panorámica de Tui (rúa Colón, 2 – entrada polo aparcamento municipal).

“Cabalo de ouros” (Galaxia) é unha novela coa que Freixanes retoma o seu mítico territorio literario, Vilanova de Alba, e está ambientada nos anos do wolfran en Galicia e narra a desaparición, física e cultural, de toda unha cidade. É a primeira novela de Freixanes logo de dezasete anos dende a súa anterior obra “A cidades do césares”.

“A cidade sen roupa ao sol” (Espiral Maior) é o seu poemario individual, de carácter metaliterario, onde Marga do Val mestura cuestións sociais con elementos biográficos, obxectos, lugares e personaxes relacionados con Tui, realizando una novidosa ollada sobre este temas.

Para a concelleira de cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, resulta todo un luxo contar coa presenza de ambos escritores neste acto que pecha a “Semana da Biblioteca” e que posibilita una achegamento as súas obras literarias por parte dos veciños de Tui e todos os interesados na nosa cultura. É a primeira vez que os galardoados co Premio da Critica Española 2011, ás mellores obras editadas en lingua galega no ano 2010 falaran conxuntamente das súa obras. Vanesa Rodríguez agradece a colaboración de ambos escritores que xenerosamente achéganse a este acto que organiza a Biblioteca Pública Municipal tudense na súa programación de actividades de difusión da lectura pública.