Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá sábado celébrase o IV Trofeo de Natación de Nadal Eurocidade na piscina municipal de Valença

11/12/2015

A Eurocidade Tui-Valença vai pechando o seu calendario de actividades deportivas do 2015, coa celebración do IV Torneo de Natación de Nadal e co I Torneo de Xadrez Eurocidade.

Así, mañá sábado, 12 de decembro, a partir das 16.00 horas españolas, na piscina municipal de Valença, o Club de Actividades Acuáticas Alto-Baixo Miño, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, organiza o IV Trofeo de Natación de Nadal, no que participarán ao redor de 100 nenos e nenas das distintas escolas deportivas de natación do Baixo-Alto Miño.

Para rematar o calendario deportivo da Eurocidade 2015, o próximo sábado 19 celebrarase o I Torneo de Xadrez Eurocidade, no que máis de 100 participantes de Galicia e Portugal se medirán tanto en terras galegas como portuguesas.