Mañá presentase a Xornada Europea da Cultura Xudía Eurocidade Tui-Valença
2/09/2020
Mañá xoves, 3 de setembro, ás 10 h na sala de concelleiros da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da Xornada Europea da Cultura Xudía Eurocidade Tui-Valença “Rutas Sefardís” que se vai celebrar do 5 ao 18 deste mes.
A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Turismo e Patrimonio, Laureano Alonso xunto co vereador de Cultura da Cámara de Valença, José Monte.