Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase a VIII Semana de Teatro Afeccionado San Telmo

21/03/2016


Mañá martes, 22 de marzo, ás 11.30h terá lugar no salón de sesións da Casa do Concello de Tui terá lugar a presentación da VIII Semana de Teatro Afeccionado San Telmo que forma parte da programación das Festas de San Telmo 2016.


Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, María José González, xunto a representantes dos seis grupos de teatro participantes nesta actividade: Aloia de Pazos de Reis,  Chirlomirlo de Randufe, San Fins de Rebordáns, Atalaia de Tui, Seixos Albos de Areas e Santiago de Malvas.