Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase a VI Urban Trail Night Eurocidade

21/11/2022

Mañá martes, 22 de novembro, ás 11.00 horas españolas, no Centro Interfederado de Remo e Piragüismo de Tui, terá lugar a presentación da VI Urban Trail Night Eurocidade, carreira nocturna organizada polas empresas Noko360 e Sra. Emilia, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença. A Urban Trail Night eurocidade celebrarase este sábado, 26 de novembro, a partir das 20.30 horas, con saída dende Valença e chegada ao Paseo da Corredoira de Tui.

Na presentación estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o vereador de Desporto de Valença, Arlindo Sousa, a concelleira de Igualdade de Tui, Ana Mª Núñez, a madriña da proba, a triatleta Aida Valiño, acompañados polo director técnico da carreira, Serafín Martínez e o responsable de comunicación da proba, Justi Peixoto.