Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase a V International Administrative and Teaching Staff Training Week organizada pola Universidade de Vigo e que este ano se achegará á Eurocidade

20/04/2016


Mañá xoves, ás 11.30h, na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da V International Administrative and Teaching Staff Training Week na que, do 25 ao 29 de abril, participarán 50 profesionais do eido da empregabilidade e o emprendemento universitarios de 40 institucións europeas, nun encontro organizado pola Universidade de Vigo , que este ano se achegará á Eurocidade Tui -Valença .


Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro da Eurocidade, Miguel A. Capón, o vereador de Cultura de Valença, José Monte, o vicereitor de Extensión Universtaria e Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, Manuel Fernández Iglesias, o director da Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo, Alejandro Martínez, e a coordinadora do Eures Transfronteirizo , Teresa Ventín.