Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase o XII Enduro Cidade de Tui e Trofeo Ibérico Eurocidade

27/04/2022

Mañá xoves, 28 de abril, ás 11.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar o acto de presentación do XII Enduro Cidade de Tui e Trofeo Ibérico Eurocidade, que se disputará en Tui este sábado 30 de abril. A proba está organizada polo Motoclub Randufe e a Liga Galega de Moto de Campo, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Motociclismo. Este evento forma parte do Calendario Deportivo da Eurocidade e confinanciado polo programa operativo Interreg Valença-Tui, 

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o presidente e o vocal do Motoclub Randufe, Adolfo Pereira e Iago Araujo, respectivamente, e o director técnico da proba e representante da Liga Galega de Moto de Campo, Javier Quintas.