Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase o novo Club Deportivo Guillarei

28/06/2016

Tui. Martes, 28 de xuño de 2016. Mañá mércores, 29 de xuño, ás 11.00 horas, na sala de concelleiros do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Club Deportivo Guillarei, club federado de fútbol, que retomará a súa actividade a partir da próxima tempada 2016-2017, cunha nova xunta directiva.

A presentación contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, acompañados por outros concelleiros/as de Tui, así como pola nova directiva do C.D.Guillarei, o seu presidente Juan Carlos Coello, o vicepresidente Manuel Rodríguez, o tesoureiro Manuel Solla, e os directivos José Luís Freijeiro e Alejo Gregores.